Escoitar

Caballero reitera o apoio municipal ao labor de AFAGA

O Concello pon a disposición da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer 15 tabletas con conexión a Internet para o desenvolvemento do programa de prevención do deterioro cognitivo e sensorial “Cultiva a mente en rede”, que presentaron este xoves.

xoves, 2 xul 2020
O rexedor durante a visita á sede de AFAGA na Avenida Martínez Garrido
O rexedor durante a visita á sede de AFAGA na Avenida Martínez Garrido

O rexedor trasladoulle aos responsables de AFAGA e aos 12 usuarios do programa, presentes no acto, que poderán seguir contando coa colaboración do Concello para desenvolver o seu importante labor de atención ás familias e aos enfermos de Alzheimer e outras demencias. O programa de avellentamento saudable e activo “Cultiva a túa mente en rede” quere evitar o deterioro cognitivo das persoas maiores de 55 anos cun obradoiro semanal que se imparte de forma virtual e presencial.

 

Descargar todas as imaxes