O alcalde propón un papel destacado das bandas e das corais nas festas de Vigo
O goberno local avanza na programación festiva do verán para o que o rexedor mantivo esta mañá un encontro co responsable das corais e das bandas populares de Vigo. Tal e como avanzou na posterior rolda de prensa, estes conxuntos artísticos terán un protagonismo destacado no cartel deste 2020.
![Reunión do alcalde con Enrique Lorenzo e a concelleira de festas, María Lago](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/XGhNBGKcrXRSZ5T0QLavInfg9NCDM5VWJgPtywZy.jpeg)
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro con Enrique Lorenzo, responsable de Acopovi e da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, para programar a forma na que estes grupos van participar nas festas do verán da cidade. Vigo conta con 9 bandas e case 40 corais que reciben unha subvención anual superior aos 173.000 euros e, segundo explicou o rexedor, a vocación do goberno local é que bandas e corais teñan un papel destacado no conxunto da programación festiva.