O Concello contrata a desinfección, carteis e control de aforos en parques e pistas deportivas
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a adxudicacións dos contratos de carteis e desinfección para os parques infantís, biosaudables e pistas deportivas da cidade en base a normativa de seguridade polo Covid-19. Ademais, tamén deu o visto e prace á contratación do control do aforo das mesmas instalacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a contratación dos contratos destinados a cumprir as medidas de seguridade e hixiene nos parques da cidade. Así, segundo indicou en rolda de prensa, destinará un total de 356.776 euros aos protocolos para manter abertos os parques infantís, os biosaudables e as pitas deportivas durante a presente pandemia do Covid-19.
Por un lado, recibiu o visto en prace o contrato para a colocación de cartelería, por un importe de 34.500 euros, con toda a información sobre as medidas que se deben respectar nos parques. Ademais, o Concello aprobou a desinfección en parques, biosaludables e pistas por 198.250 euros, con produtos viricidas en oito rutas diarias, e por último, o contrato de control de aforo, por importe de 123.000 euros, con sete equipos motorizados.
“Todo o ano suporía un gasto de millón e medio de euros para cumprir os requirimentos sanitarios”, sinalou Caballero
Axuda no Fogar e Secretariado Xitano
Ademais, a Xunta de Goberno validou a contratación do servizo de Axuda no Fogar por tres anos, a razón de 7,7 millóns anuais para a atención das persoas con dependencia .”Temos que estar moi orgullosos da política social que levamos a cabo e o enorme impulso ao servizo de axuda no fogar”, apuntou o alcalde.
O goberno local aprobou tamén o convenio co colectivo Secretariado Xitano, en atención a loita contra pobreza e exclusión social, correspondente aos anos 2020 e 2021 por 32.000 euros. Tamén saíron adiante as bases para aprobar as subvencións ao fomento do asociacionismo e participación cidadá por 330.000 euros, así como a contratación de 19 porteiros vixiantes para os colexios por 324.000 euros.