Escoitar

O Concello non cobrará a taxa de lixo aos establecementos que estiveron pechados na pandemia

Abel Caballero anunciou que os pequenos e medianos comercios que estiveron pechados durante os 90 días que durou o estado de alarma non terán que pagar o imposto de lixo. O Concello aplicará o desconto no vindeiro recibo, que non se abonará ata o 5 de outubro.

luns, 6 xul 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns unha medida para axudar ao pequeno e mediano comercio a soportar a situación económica derivada da crise sanitaria pola pandemia do Covid-19. O rexedor avanzou en rolda de prensa que o Concello levará a cabo unha exención de impostos que afectará á taxa de recollida de lixos.

Así, o Concello decidiu non cobrar ese tributo aos locais que non puidesen abrir durante algún dos 99 días que durou o estado de alarma. O recibo que lles chegará en menos dun mes -e que se pode abonar ata o 5 de outubro- xa recollerá o cálculo correspondente e o importe que aparecerá será unicamente a parte proporcional que deberán pagar, sen eses 99 días.

Abel Caballero aclarou que este beneficio fiscal será exclusivo para os negocios que se mantiveron pechados durante o estado de alarma e especificou que a medida favorecerá principalmente a “pequenos e medianos comercios, autónomos, cafeterías, bares e restaurantes”. O rexedor olívico lembrou que o Concello aínda non cobrou ningún imposto desde que comezou a pandemia ao pospoñer a súa cobranza ata en tres ocasiones.

Descargar todas as imaxes