O Supremo avala as decisións municipais que permitiron regularizar a Colina de Castrelos
O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción ao dar a coñecer a sentencia do Supremo que avala a actuación municipal no conflito urbanístico da Colina de Castrelos, que data do ano 1994. Esta resolución evita un risco “enorme” para as arcas municipais xa estamos a falar de 106 vivendas e unha superficie construída de 27.000 m2.
O Tribunal Supremo vén de inadmitir o recurso de casación que interpuxeron os denunciantes da Colina de Castrelos contra o auto que desestimaba un anterior recurso de reposición contra outro auto, do 25 de setembro, que declaraba completamente executada a sentenza que anulou a licenza do edificio. Era un risco “inmenso” para as finanzas da cidade, dixo o rexedor, porque se trata de 106 vivendas e unha superficie construída de 27.000 m2.
Este problema urbanístico vén do ano 1994, unha herdanza de anteriores corporacións e se chega a confirmarse unha resolución contraria aos intereses municipais, podería darse unha situación de “case ruína para as arcas municipais”.
A decisión do Supremo avala a postura municipal de asegurar que o entorno actual da Colina de Castrelos non era o mesmo que cando se outorgou a licenza inicial e que, ademais, se realizaron obras de adaptación do edificio, tal e como esixiu na sentenza que anulou a licenza o 22 de setembro de 1994.