Escoitar

O alcalde avanza a vontade municipal de contar cunha mostra permanente de microscopios

O Concello estaría encantado de contar en depósito coa colección de lentes do doutor Tomás Camacho para organizar unha mostra permanente. Entre as pezas atópase un microscopio do século XVII fabricado polo fundador da microbioloxía, Antony van Leeuwenhoek.

venres, 3 xul 2020

O alcalde trasladou esta mañá a vontade do Concello de acoller unha exposición permanente da colección de microscopios do doutor Tomás Camacho, entre os que se atopa unha valiosa peza de lente fabricada no século XVII polo fundador da microbioloxía, Antony van Leeuwenhoek. Logo de manter un encontro esta mañá co propietario da colección, explicou que -a expensas da decisión de Camacho – a cidade estaría encantada de contar en depósito con estas pezas, camiño de converterse en BIC. Apuntou a posibilidade de organizar unha mostra permanente con rutas escolares, ademais de facilitar a labor de investigación.

 

Descargar todas as imaxes