O goberno local destina 1,5 millóns a desinfeccións pola pandemia do Covid-19
O alcalde explicou este venres que o Concello de Vigo xa destinou un total de 1,5 millóns de euros a traballos de desinfección pola pandemia do Covid-19. Entre as partidas, Caballero apuntou á limpeza de rúas, colexios, parques e pistas deportivas. O rexedor anunciou que reclamará á Xunta de Galicia o pago do custe por ser de competencia autonomica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou nun total de 1,5 millóns de euros o gasto do Concello en labores de desinfección levadas a cabo desde o inicio da crise sanitaria pola pandemia do Covid-19. O rexedor indicou que reclamará á Xunta de Galicia o vindeiro luns a través dunha carta o custe da desinfección.
Segundo indicou, o Concello destinou 514.000 euro á limpeza de rúas, 360.000 euros a parques infantís, biosaudables e pistas deportivas, 300.000 euros aos colexios -a maiores da limpeza anual polo protocolo da Xunta-, 115.200 euros a medioambiente, 55.000 euros a bombeiros e 51.000 euros a instalacións deportivas.