Escoitar

O rexedor apoia a decisión da Confraría de non organizar este ano a procesión do Cristo

A crise sanitaria obriga a suprimir por primeira vez na historia a procesión do Cristo da Vitoria, tal e como informou esta mañá o rexedor logo de manter un encontro cos responsables da Confraría. En todo caso, se prevé que se manteña o pregón, ademais de instalar pantallas nos exteriores da Colexiata para gañar espazo nos actos relixiosos.

venres, 3 xul 2020

Os responsables da Confraría do Cristo da Vitoria trasladaron esta mañá ao rexedor a determinación de non organizar este ano a procesión debido á situación sanitaria que estamos a atravesar. Finalizada a reunión, o rexedor aclarou en rolda de prensa que se haberá pregón e que se reforzarán con pantallas os actos relixiosos da Colexiata para ampliar o aforo aos mesmos. Caballero respaldou a decisión de suprimir por primeira vez na historia esta procesión, unha decisión adoptada en favor da saúde dos cidadáns. No encontro estiveron presentes a presidenta, Marora Martín-Caloto Alonso, o párroco, Moisés Alonso, así como o secretario e o vicepresidente, Carlos Borrás e José Ricardo Troncoso, respectivamente.

 

Descargar todas as imaxes