Unha analítica en 24 praias garante a calidade das augas nos areais da cidade
O alcalde deu conta esta mañá do bo resultado da mostra realizada o pasado 1 de xullo nos 24 areais máis grandes da cidade. Avanzo que o Concello seguirá a facer control sobre as condicións das augas das praias ao longo de todo o verán.
A calidade das augas das praias de Vigo é óptima segundo se desprende das analíticas que o Concello realizou en 24 areais o pasado 1 de xullo. Abel Caballero avanzou esta mañá que o Goberno local segue facendo un seguimento exhaustivo das condicións das augas, un control obxectivo irrenunciable que adquire maior importancia nestes tempos de pandemia.
Así mesmo, o rexedor amosou a súa satisfacción co comportamento da cidadanía nos areais a pasada fin de semana. Tal e como explicou, cumpríronse os aforos máximos mantendo a distancia de seguridade e respectáronse escrupulosamente os espazos limitados polas cintas separadoras instaladas en Samil e O Vao.