O Concello oferta 3000 prazas en actividades infantís este verán
O alcalde avanzou que o MARCO e o Museo Liste programan desde este mes de xullo actividades educativas e lúdicas para a cativada viguesa, a partir de 3 anos de idade. As propostas súmanse aos campamentos de verán do Concello sumando 3.000 prazas.
Os obradoiros do MARCO comezan este mércores 8 e xullo e desenvólvense ata o día 31 para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos en 15 sesións de 15 prazas, o que suma un total de 225. Son todas de balde, previa inscrición e celébranse na parte traseira do museo.
Contidos lúdicos, educativos ou contacontos enchen esta oferta para o público infantil arredor de catro fíos temáticos: espazos interiores/exteriores, retratos/autorretratos, obxectos animados e relatos/comunicación con actividades de creación de máscaras, experimentación coa palabra e a expresión escrita, observación para aprender formas xeométricas e elementos arquitectónicos…
No Museo Liste, os obradoiros de verán comezan o 1 de xullo e esténdense ata o 14 agosto cun total de 65 prazas para nenas e nenos desde os 3 anos de idade. Oficios tradicionais, fotografía e imaxe ou historia da escritura….son algunhas das temáticas das actividades: “Os sons do traballo”, “Instrumentos humildes”, “Escribir era un arte”, “Luisa Cabanas, unha vida en imaxes”.