Escoitar

O Pleno da Corporación municipal designará o 10 de xullo os Vigueses Distinguidos 2020

A gala de entrega dos galardóns Vigueses Distinguidos podería celebrarse o próximo mes de setembro, segundo avanzou esta mañá o rexedor. O Pleno para designar aos premiados deste ano será o venres, 10 de xullo, ás 09,00 h.

martes, 7 xul 2020

O próximo venres 10 de xullo celebrarase o Pleno municipal para nomear aos Vigueses Distinguidos deste 2020, segundo avanzou o rexedor esta mañá quen indicou que a data da gala de entrega está sen pechar, aínda que podería adiarse ata o mes de setembro. Caballero lembrou en rolda de prensa que a proposta para Medalla da Cidade será para o colectivo de sanitarios, en recoñecemento de todo Vigo a súa labor durante a pandemia do Covid-19.

Ademais, xa están anunciados os seguintes recoñecementos: Julio Picatoste, maxistrado xubilado; a xornalista Carlota Corredera; Iván Álvarez, policía nacional ferido nos disturbios de Cataluña, o Club Peña Trevinca, que cumpre o seu 75 aniversario; Alejandro Gómez, atleta; a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e os corpos da Policía Nacional, Local, Autónómica, Garda Civil e Protección Civil pola súa labor durante a crise sanitaria. A este listado súmase un importante número de centros educativos que cumpren 50 o máis anos, como son o Colexio Saladino Cortizo, o Ceip Santa Mariña, Ceip Valle Inclán, Ceip Sello, Sárdoma Moledo, Ceip Paraixal, Ceip Javier Sensat, Ceip Igrexa Candeán, Ceip A Paz Tintureira, Ceip Emilia Pardo Bazán, Colexio San Fermín, Colexio Atalaya Cantrabria, Colexio Possumus, IES Ricardo Mella, IES Teis, IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Valentín Paz Andrade (más de 50) e IES Castelao 50