Escoitar

O Concello non cobrará a taxa de auga aos establecementos que estiveron pechados durante o estado de alarma

Abel Caballero anunciou que os negocios non terán que pagar a taxa municipal de agua durante os días que estiveron pechados polo estado de alarma. O Concello abonará á concesionaria tanto as cantidades xa pagadas nos recibos cargados como nas vindeiras facturas.

martes, 7 xul 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes unha nova medida para aliviar a situación económica dos pequenos e medianos establecementos da cidade e avanzou que o Concello se fará cargo da parte municipal do recibo da auga dos locais da cidade que estiveron pechados durante o estado de alarma.

Segundo explicou en rolda de prensa, os establecementos apenas terán que desembolsar diñeiro por este concepto durante o tempo que non abriron, xa que unicamente terán que pagar o canon autonómico a cargo da Xunta de Galicia. Caballero indicou que será a administración municipal a que se encargue de abonar á concesionaria do servizo o montante de cada factura e naqueles casos nos que xa se viraron as domiciliacións, o Concello devolverá os importes que correspondan. Cada negocio recibirá una condonación polos días concretos que non abriu ao público.

O rexedor xa anunciara este luns que eximía do pago da taxa de lixo ao pequeno e mediano comercio que estivo pechado durante a pandemia do Covid-19. O recibo que lles chegará en menos dun mes, e que se pode abonar ata o 5 de outubro, xa recollerá o cálculo correspondente e o importe que aparecerá será unicamente a parte proporcional que deberán pagar

Por outra banda, Abel Caballero informou de que o Concello xa conta cun proxecto para a construción dunha nova potabilizadora que renovará a existente actualmente en Casal. O alcalde indicou que Vigo xa conta cunha auga excelente e que o novo proxecto garantirá o aumento da demanda nos vindeiros anos.

Descargar todas as imaxes