luns, 6 abr 2020
Os menús, elaborados polas relixiosas do Fogar San Xosé, polas Misioneiras do Silencio e polo albergue municipal, están destinados ás persoas que o necesitan. O alcalde trasladou tamén a queixa de cidadáns que din que algunhas entidades financeiras tentan venderlles produtos ao solicitaren as axudas do ICO.
venres, 3 abr 2020
A través do teléfono 986 293 963 poden recibir asesoramento xurídico, social ou apoio psicolóxico. A Xunta de Goberno Local prorrogou a cesión dunha vivenda de protección municipal a mulleres vítimas de violencia de xénero e o contrato da xestión das Escolas Infantís de Mestres Goldar e Navia.
venres, 3 abr 2020
Ante a chegada da semana santa, o alcalde fixo este venres un novo chamamento a quedar na casa e cumprir coas normas do estado de alarma polo coronavirus. A Policía Local impuxo este xoves outras 40 sancións que elevan o total a 619 desde o 16 de marzo.
venres, 3 abr 2020
Os catorce equipos que se encargan da limpeza de dependencias e vía pública traballan en quendas de mañá, tarde e noite. O alcalde puxo cifra á desinfección que realizan os profesionais cada noite con vehículos equipados con canóns: 50 quilómetros de rúas.
venres, 3 abr 2020
Abel Caballero informou este venres de que o Concello contratará un servizo de cátering que reforzará a labor que xa fan a cociña do albergue municipal e os comedores sociais. Ademais, avanzou que xa se entregaron 3.254 menús a persoas sen fogar e familias necesitadas.
xoves, 2 abr 2020
Ante o peche das instalacións por mor do estado de alarma, a Biblioteca convida ás súas seguidoras e seguidores nas redes sociais a compartir imaxes deste 2 de abril e de como a literatura rodea as nosas vidas.
xoves, 2 abr 2020
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” a Fundación Menela convida á cidadanía a reivindicar a educación e o emprego para as persoas con autismo.
xoves, 2 abr 2020
Abel Caballero deu conta das inspeccións realizadas polos axentes onte mércores, con 1.074 controis que se saldaron con 38 denuncias. Insistiu o alcalde en que “imos seguir advertindo á cidadanía da importancia do confinamento” na loita contra o coronavirus.
xoves, 2 abr 2020
O goberno local contratará a seis auxiliares administrativos para axilizar a tramitación das axudas que está a recibir o departamento de Benestar Social. Ademais, o pavillón do Berbés aínda ten camas dispoñibles para as persoas sen fogar.
xoves, 2 abr 2020
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de mellora da rede de saneamento da rúa Jacinto Benavente. Os traballos prolongaranse durante seis meses e contan cun orzamento de 370.000 euros.