Vigo renuncia ás cacharelas de San Xoán ante a prohibición de organizar eventos populares
Vigo non poderá celebrar finalmente a noite de San Xoán coas tradicionais cacharelas debido ás medidas da "nova normalidade" que vén de publicar a Xunta como autoridade sanitaria nesta fase. Este tipo de eventos non se poden organizar ata o próximo 1 de xullo, segundo explicou esta mañá o rexedor.
O alcalde avanzou esta mañá a supresión das cacharelas de San Xoán por "imperativo legal", unha vez coñecidas as medidas da "nova normalidade" que vén de publicar a Xunta de Galicia, a nova autoridade en materia sanitaria. Un informe municipal determina que as celebracións de San Xoán son eventos populares e, polo tanto, están incluídas nas iniciativas prohibidas ata o 1 de xullo polo Goberno autonómico, xunto coas festas, verbenas e atraccións de feira.