xoves, 18 xuñ 2020
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o contrato de servizos de mantemento das instalacións de calefacción e auga quente nos colexios públicos. Tamén recibiu o visto e prace a modificación das bases para as becas no estranxeiro da Escola de Idiomas e as subvencións para a Fundación Carlos Casares e a Federación de Libreiros.
xoves, 18 xuñ 2020
O alcalde avanzouno este xoves en rolda de prensa, unha apertura dos procesos de solicitude de praza para o curso 2020-2021 nas escolas municipais de Música, de Teatro, de Danza e de Música Folk e Tradicional (E-Trad). Os interesados en acceder aos centros poden optar por vía telemática e presencial con cita previa.
xoves, 18 xuñ 2020
Durante o acto de entrega dos premios Faro da Escola do xornal Faro de Vigo, celebrado este xoves nos xardíns do Pazo de Castrelos, Abel Caballero puxo en valor o papel dos docentes que “fan persoas” e destacou, especialmente, o seu traballo durante esta crise sanitaria na que tiveron que afrontar a educación a distancia. O rexedor destacou a calidade dos proxectos realizados polos centros educativos vigueses e de toda a provincia e avogou por ir recuperando a “normalidade” respectando sempre as medidas de seguridade.