O Concello de Vigo reservará unha zona da praia de Samil para actividades deportivas
Abel Caballero anunciou este mércores que a zona do areal de Samil máis próxima ao río Lagares quedará reservada para a práctica deportiva. O alcalde tamén avanzou que no caso de que a afluencia de bañistas vaia en aumento procederían a paralizar as actividades deportivas.