venres, 19 xuño 2020

O goberno municipal peonaliza a contorna da Praza de Compostela

venres, 19 xuñ 2020

Desde o vindeiro martes, 23 de xuño, a zona da Alameda será semipeonil, de maneira que os peóns terán prioridade, quedando limitada a circulación de vehículos a residentes, acceso a garaxes, servizos como o transporte público, persoas de mobilidade reducida ou carga e descarga

As cidades reclaman o recoñecemento legal dos custos de tramitación do Ingreso Mínimo Vital

venres, 19 xuñ 2020

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, participou na tarde deste xoves nunha reunión co ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escriva. As entidades locais pediron que a lei recoñeza os gastos que lles ocasiona a súa tramitación. Caballero informou que o Concello atendeu esta semana a unhas 4.000 persoas.

O alcalde saúda ao alumnado do Colexio Miralba

venres, 19 xuñ 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha vídeo conferencia co alumnado do Colexio Miralba (Jesuitinas) na que os escolares de 4º de Primaria realizaron varias peticións, como a conversión de VigoZoo en centro de recuperación de fauna. O rexedor tamén animou aos máis pequenos tras a súa etapa de confinamento nos domicilios pola pandemia de Covid-19.