Escoitar

O alcalde eloxia o labor do profesorado na educación das nenas e nenos

Durante o acto de entrega dos premios Faro da Escola do xornal Faro de Vigo, celebrado este xoves nos xardíns do Pazo de Castrelos, Abel Caballero puxo en valor o papel dos docentes que “fan persoas” e destacou, especialmente, o seu traballo durante esta crise sanitaria na que tiveron que afrontar a educación a distancia. O rexedor destacou a calidade dos proxectos realizados polos centros educativos vigueses e de toda a provincia e avogou por ir recuperando a “normalidade” respectando sempre as medidas de seguridade.

xoves, 18 xuñ 2020
Foto de familia ao remate da entrega dos premios
Foto de familia ao remate da entrega dos premios
Descargar todas as imaxes