Escoitar

O Concello abre o luns a preinscrición para o próximo curso nas escolas de música e artes escénicas

O alcalde avanzouno este xoves en rolda de prensa, unha apertura dos procesos de solicitude de praza para o curso 2020-2021 nas escolas municipais de Música, de Teatro, de Danza e de Música Folk e Tradicional (E-Trad). Os interesados en acceder aos centros poden optar por vía telemática e presencial con cita previa.

xoves, 18 xuñ 2020

Abel Caballero informou este xoves da apertura do prazo para a preinscrición nas escolas municipais de música e artes escénicas do Concello de Vigo, proceso que arranca este luns, 22 de xuño. O alumnado do curso anterior pode confirmar a súa continuidade para o próximo curso no propio centro e formalizar a súa matrícula entre os días 1 e 10 de xullo.

O alumnado de novo ingreso ten dúas vías para cumprimentar a súa preinscrición: online a través de www.emmavigo.org desde o luns ata o 7 de setembro, ou presencial nas oficinas de cada escola, sempre con cita previa, do luns ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro. Os listados dos solicitantes serán publicados o 14 de setembro, os sorteos (de habelos) celebraríanse o 17 de setembro e as probas (no seu caso), do 17 ao 21 de setembro, para saír as listas de admitidos o 23 de setembro. A formalización das matrículas, do 24 ao 30 do nomeado mes, con inicio de curso o 1 de outubro.

Por outra banda, o alcalde recordou que desde este mércores funcionan as piscinas municipais de Travesas, Coia, Teis e Valadares, con medidas de seguridade debido ao coronavirus, e que este venres comeza a funcionar o dispositivo de praias do autobús urbano vigués.

Escola municipal de música de Vigo (EMMV)
- De 4 a 7 anos: Música e Movemento
- A partir de 8 anos: Práctica instrumental (Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba, Canto e Percusión)
- Dende os 14 anos. Música moderna (Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico e Teclado).
Actividades grupais

Máis información:
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo)
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público, previa cita: de 10,00h a 13,00h, de luns a venres (agosto
pechado)
Correo electrónico: info@esmuvigo.es

Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)
- De 4 a 7 anos: Música e Movemento
- A partir de 8 anos: Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
Actividades grupais

Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público, previa cita: de 11,00h a 14,00h, de luns a venres (agosto
pechado)
Correo electrónico: e-trad@vigo.org

Escola municipal de teatro (EMT)
- De 4 a 8 anos: Dramatización
- A partir dos 9 anos:
-Interpretación: Itinerario Básico (a partir de 9 anos)
-Interpretación: (de 12 a 15 anos). Itinerarios Básico, Medio e Avanzado
-Interpretación: (a partir dos 16 anos). Itinerarios Básico, Medio e Avanzado
-Itinerario Foragrup (a partir de 12 anos)

Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público, previa cita: de 10,00h a 13,00h, de luns a venres (xullo e
setembro). De 17,00h a 20,30h, de luns a xoves, e de 17,30h a 19,00h os venres (de outubro a
xuño) (agosto pechado)
Correo electrónico: em.teatro@vigo.org

Escola municipal de danza (EMD)
- De 4 a 7 anos: Música e movemento
- De 8 a 64 anos: Danza tradicional galega e Percusión tradicional
- A partir dos 16 anos: Danza moderna e Canto popular
- A partir dos 65 anos: Danza e percusión tradicional

Máis información:
Escola municipal de danza: Praza do Rei 1, soto 1o (36202 Vigo)
Teléfono: 986 810167
Horario de atención ao público, previa cita: de 11,00 h a 13,00 h, de luns a venres (agosto
pechado)
Correo electrónico: escola.danza@vigo.org / emdsecretaria@gmail.com