mércores, 3 set 2014
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro protocolario cos novos responsables do Banco Santander no que aproveitaron para "pasar revisión á situación e actividade económica da cidade". Tal e como explicou o rexedor, os directivos amosaronse moderadamente optimistas co futuro do naval e da automoción, ao tempo que lle trasladaron a intención de facilitar máis crédito ás pemes.
mércores, 3 set 2014
Os días 25 e 26 de setembro, expertos de sete universidades españolas daránse cita en Vigo para participar no I Congreso Internacional SOS Vics, un evento da "maior importancia" porque ten como obxectivo facilitar a comunicación de vítimas de violencia de xénero con xuíces ou policías, xa que un número moi importantes destas mulleres ten moitas dificultades de comunicación.
martes, 2 set 2014
O alcade de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociacion Galega de Familias Numerosas -AGAFAN- para trasladarlles as importantes vantaxes nas tasas e servizos municipais das que poden beneficiarse. O rexedor, ademáis, comprometeu a cesión dun local para esta asociación así como apoio para a celebración de diferentes actividades que teñen previsto facer na cidade e que terán o seu colofón nun encontro de famlilias numerosas procedentes de toda Galicia.
martes, 2 set 2014
O alcade reuniuse esta mañá con representantes da organización do torneo que se celebra con motivo do Día da Policia e co que o goberno municipal leva cinco anos colaborando. O Concello cederá de balde o Pavillón Municipal de As Travesas.<br />
venres, 29 ago 2014
<br />
O alcalde deu conta esta mañá da contratación das obras de reparación e cimentación de nichos no Cemiterio de Teis. Pese a ser de titularidade e competencia privada e dado que os propietarios non están en condicións de facer fronte á obra, o rexedor explicou que o Concello declarou o interese público dos traballos para garantir a estabilidade e seguridade de 181 nichos afectados por problemas de estabilidade.
xoves, 28 ago 2014
O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos responsables da comisión de festas de San Lorenzo de Coruxo aos efectos de planificar a cooperación nas festas de verán e de inverno que se organizan no Coto de San Lorenzo "un dos paisaxes máis bonitos de Vigo". Logo da reunión, o rexedor asegurou que o Concello comparte con este colectivo o seu prantexamento lúdico festivo. <br />
xoves, 28 ago 2014
O alcalde de Vigo recibiu hoxe ao equipo español dirixido por Pedro Campos que participará na Volvo Ocean Race –volta ao mundo a vela-. O rexedor fixolles entrega dunha bandeira de Vigo que lles acompañará ao longo das mais de 38.000 millas nauticas que percorrerán e que será izada en cada un dos nove portos nos que farán escala.
mércores, 27 ago 2014
Abel Caballero presidiu hoxe mércores a homenaxe institucional que o Concello rendiu a Martínez Garrido, Blein Budiño e Antela Conde, alcaldes democráticos fusilados no 36. Durante o discurso, sinalou que o único delicto destes responsables políticos elexidos democráticamente foi estar preto da xente con dificultades.
martes, 26 ago 2014
O alcalde de Vigo recibiu hoxe ao xefe da Policía Local, Francisco Martínez, e ao axente José Armando García Veiro, para felicitalos polo éxito dunha importante operación policial, en coordinación coa Garda Civil. Caballero loubou a boa colaboración das distintas forzas de seguridade do Estado na cidade.
luns, 25 ago 2014
Abel Caballero presenciou hoxe os últimos traballos que convertirán o antigo restaurante As Dornas nun novo espazo verde en Samil. Trátase, dixo, dun paso máis para facilitar as vistas e o tránsito ao areal. <br />