Escoitar

O Concello xa autorizou 615 novas terrazas de negocios de hostalería ou ampliacións

O Concello de Vigo concedeu nas últimas tres semanas un total de 615 novas autorizacións para ampliacións de terrazas ou ampliacións das xa existentes. Desde o anuncio feito en maio hai 101 terrazas novas, mentres que outras 415 son ampliacións ou renovacións de permisos anteriores.

martes, 2 xuñ 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o Concello de Vigo xa autorizou durante as últimas tres semanas un total de 615 novas terrazas de negocios de hostalería ou ampliación das mesas.

Así, segundo as cifras que avanzou na rolda de prensa celebrada por primeira vez no salón de plenos de forma telemática y tamén presencial, 340 solicitudes foron renovadas automaticamente ao ter licencia de 2019 ou anos anteriores, outras 35 terrazas con licencia de 2019 pediron máis metros, 139 solicitaron ampliación e 101 son terrazas novas.