Escoitar

O Concello recibe as obras do pavillón de Romil

O alcalde informou este luns da recepción da obra na que o goberno municipal e a Deputación de Pontevedra investiron máis de 2 millóns de euros e que agora será empregado por deportistas e polo alumnado do CEIP Doctor Fleming.

luns, 1 xuñ 2020

O Goberno de Vigo vén de recibir a obra do pavillón de Romil logo de executárense traballos de impermeabilización da praza superior, a construción dunha grada, zonas de paseo e aseos, pavimentos de madeira e renovación da beirarrúa exterior ao pavillón, na propia rúa Romil.

Cun orzamento que supera os 2 millóns de euros cofinanciados entre Concello e Deputación de Pontevedra, as novas instalacións serán empregadas por deportistas, atletas ou ximnastas así como polo alumnado do CEIP Doctor Fleming.

En canto aos outros pavillóns proxectados na cidade, está en marcha a construción do de Quirós, cun orzamento de 3 millóns de euros en cooperación coa Deputación e xa están en funcionamento os dous pavillóns deportivos da grada de Río, cun orzamento de 1,5 millóns de euros.