Escoitar

O Concello atende as demandas dos colectivos sociais derivadas da crise sanitaria

O alcalde mantivo un encontro por videoconferencia con 52 organizacións do ámbito social de Vigo para coñecer as súas necesidades e trasladarlles que contarán co apoio municipal mentres persistan as consecuencias da pandemia.

venres, 29 mai 2020
A entrevista tivo lugar de forma telemática
A entrevista tivo lugar de forma telemática

Abel Caballero explicou que durante a reunión virtual intercambiou opinións con representantes de 52 colectivos do ámbito social da cidade a quen lles asegurou que as axudas e a atención do Concello van manterse mentres sexan precisas polas consecuencias derivadas da crise do coronavirus, conscientes de que impactou especialmente nestas entidades e os seus usuarios.

O Concello seguirá mantendo encontros coas organizacións da cidade para ir coñecendo as súas demandas concretas coa máxima de non poñer límite á política social da cidade para dar resposta ás necesidades provocadas pola pandemia.

Entre as entidades participantes están a Asociación Parkinson Vigo, Afaga, Fundación Érguete-Integración, Accem Vigo (atención ao refuxiado), FUNDACIÓN ALDABA, Secretariado Xitano, MENIÑOS, Provivienda, ARELA e CaixaProinfancia, Vida Digna, DOA, AFAN, Banco de alimentos, APAMP, Unicef Galicia, AECC, Médicos do Mundo Galicia, Asociación San Francisco, Asociación Dignidad Galicia, Cáritas, Down Vigo, ASORVIGO, MENELA, ASPANAEX, ASPACE, Grandes amigos, EMAÚS, Fundación Juan Soñador, ALBORADA, Coordinadora Galega de ONGD, ONG Solidariedade Internacional de Galicia, ONG Amigos da Terra, COGAMI, FOANPAS, REMAR, San Rafael, Fundación Casa Caridad de Vigo- Hogar San José , ONG a las 5, Manos Unidas Tui-Vigo, Hoy por ti, Cruz Roja, Fundadora AGAVIH, ASDEGAL, ALENTO e AVEMPO.

 

 

Descargar todas as imaxes