Os museos e a Biblioteca Neira Vilas abren este martes con todas as medidas de seguridade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este luns en rolda de prensa telemática que tanto os museos da cidade como a Biblioteca Neira Vilas reabrirán este 2 de xuño con todas as medidas marcadas na normativa sanitaria vixente. O uso de máscara e o respecto da distancia social serán obrigatorias en todas instalacións municipais.
O Concello de Vigo reabrirá este 2 de xuño os museos da cidade e a Biblioteca Municipal “Xosé Neira Vilas” con todas as medidas de seguridade e hixiene que marca a normativa sanitaria imposta pola crise do Covid-19. Así desde este martes reabren o Museo Municipal de Castrelos “Quiñones de León”, Verbum, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”, Museo Liste-Etnográfico e o Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa celebrada por vídeo conferencia, todas as instalacións municipais culturais están xa listas para reabrir con a máxima seguridade. Así, as normas obrigan ao uso de máscara e manter sempre a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros en todo o edificio e respectando en todo momento os elementos de sinalización.
As visitas serían individuais ou unidade familiar ou convivencia análoga e o aforo está reducido hasta o máximo dun terzo do habitual e sinalado en lugares visibles á entrada de cada espazo. Todos os centros contarán con dispensadores hidroalcólicos a disposición do público e haberá que utilizar preferentemente as escadas, posto que o uso do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, excepto no caso de acompañantes de persoas que precisen asistencia. Tamén o uso dos aseos está limitado a unha persoa cada vez, excepto no caso de acompañantes de persoas que precisen asistencia.
Ademais, os visitantes deberán seguir a sinalización para a circulación no interior do edificio e non está permitido tocar as obras nin elementos en exposición, así como as superficies do mobiliario, de vitrinas, peanas e carteis, etc.
Nos museos están inhabilitados para os visitantes os elementos de uso táctil, audioguías e as consignas. Non están dispoñibles os folletos ou outro material análogo e en todo momento deberán seguir as indicacións e recomendacións do persoal de atención ao público.
BIBLIOTECA MUNICIPAL “XOSÉ NEIRA VILAS”
- Avda. de Emilio Martínez Garrido, 21. 36205 Vigo.
- Horarios:
* De martes a sábado, de 10:30 h a 14:00 h.
* De luns a venres, de 17:00 a 20:30 h
- Servizos: préstamo e devolución de libros con cita previa, altas de carnés de socios/as, información bibliográfica telefónica e/ou telemática; máis adiante, lectura en sala e consulta en ordenadores.
REDE DE MUSEOS MUNICIPAIS
CASA DAS ARTES
- Rúa Policarpo Sanz, 15. 36201 Vigo.
- Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
- Programación:
* Exposición temporal "V Concurso Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro". Até o 28 de xuño. Planta primeira.
* Colección Luís Torras. Planta segunda.
* Fundación Laxeiro. Planta terceira:
* Mostra da Colección Permanente
* Exposición Temporal: “Son Eu, 18 Autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución de suxeito”
- Arquivo Pacheco: consulta de imaxes dixitalizadas. Planta baixa.
* De luns a venres, de 11:00 a 14:00 h
CASA GALEGA DA CULTURA
- Praza da Princesa, 2. 36202 Vigo.
- Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
- Programación:
* Exposición temporal "Afinidades selectivas #11. Ideas verdes incoloras dormen furiosamente”. Até o 28 de xuño.
* Museo “Francisco Fernández del Riego” (sen exposición temporal, abre de 11:00 a 13:30 h)
VERBUM
- Avda. de Samil, 17. 36212 Vigo.
- Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
- Programación:
* Exposición permanente.
* Exposición temporal: “A cultura Africana”. Até o 28 de xuño.
MUSEO MUNICIPAL "QUIÑONES DE LEÓN"
- Parque de Castrelos, s/n. 36213 Vigo.
- Horarios visitas público:
De martes a venres: de 10:00 a 14:00 h.
Sábados: de 17:00 a 20:00 h.
Domingos e festivos (agás luns): de 11:00 a 14:00 h.
- Programación:
* Colección Arqueolóxica.
* Recreación do pazo galego e colección de pintura antiga e artes decorativas.
PINACOTECA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
- Rúa Abeleira Menéndez, 8. 36202 Vigo.
- Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
- Programación:
* Exposición permanente: “A nova colección Colmeiro”. Planta terceira.
MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO
- Rúa Pastora, 22. 36210 Vigo.
- Horario visitas público:
* De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 h;
* Mércores: de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h.
- Programación:
* Exposición permanente
* Visita exposicións temporais: " A Mesa farta: Etnoloxía da cultura alimentaria de Galicia"; “Do paínzo ao millo: os mil grans”; "Sororidade"
MARCO
- Rúa do Príncipe, 54. 36202 Vigo.
- Horarios visitas público:
* Martes a sábados (festivos incluídos): de 11:00 a 14:30 h e de 17:00 a 21:00 h.
* Domingos: de 11:00 a 14:30 h.
* Programación:
* “MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos”. Salas do primeiro andar.
* “Yolanda Herranz. …NO AÚN NO…”. Sala de proxectos (1º andar).