O alcalde propón ampliar con Misioneiras do Silencio a cooperación cos comedores sociais
Abel Caballero mantivo este martes unha reunión telemática con responsables de Vida Digna, Comedor da Esperanza, La Sal de la Tierra, Cruz Vermella e Misioneiras do Silencio para coñecer as súas necesidades actuais e futuras.
En declaracións por videoconferencia, o rexedor vigués explicou que o Concello non presta actualmente apoio económico ás Misioneiras do Silencio e propuxo ampliar o respaldo municipal ás comedores sociais a través deste colectivo.
Convocada este martes de forma telemática, o alcalde celebrou unha entrevista con estas organizacións para coñecer as necesidades actuais e futuras dos comedores sociais vigueses, segundo indicou en rolda de prensa. O Concello ten rubricados acordos con Vida Digna (por 135.000 euros a razón de 45.000 euros anuais), co Comedor da Esperanza (por 69.000 euros, 23.000 euros cada ano), con La Sal de la Tierra (por 10.000 euros) e coa Cruz Vermella, á que lle adica case que 65.000 euros para a xestión do albergue municipal. Ademais, mantén convenios co Banco de Alimentos (valorados en 83.000 euros), con AFAN (por 55.000 euros) e coa Fundación Santa Cruz (por 57.000 euros)