xoves, 19 xuñ 2014
Abel Caballero sumouse hoxe ás críticas dos profesionais da sanidade pública que critican que o futuro hospital de Vigo non contemple laboratorios. Cualificou de "escándalo" que as mostras dos pacientes teñan que ser trasladadas ao Meixoeiro ou "eventualmente" a un laboratorio privado.
mércores, 18 xuñ 2014
Abel Caballero asegurou este mércores que "nos vale" a retirada da reorganización territorial -que fixa sedes únicas nas capitais de provincia- do anteproxecto de lei, que se manteña o sistema actual e, polo tanto, a autonomía xudicial de Vigo. O alcalde mantivo novas reunións cos procuradores e avogados.
martes, 17 xuñ 2014
Así o avanzou este martes Abel Caballero, despois da reunión mantida con responsables sindicais e tras o posicionamento da permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial en favor do organigrama proposto polo Ministerio de Xustiza, que sitúa unha única sede nas capitais de provincia. O concerto, a primeira acción reivindicativa do partido xudicial de Vigo, será o 27 de xuño na Porta do Sol.
mércores, 11 xuñ 2014
O alcalde participou este mércores na visita realizada ao Ramón Margalef, "o mellor buque oceanográfico que hai en toda Europa", feito en Armón e botado en Vigo. O Instituto Español de Oceanografía celebra o seu centenario e Caballero trasladou o seu apoio e "recoñecemento" ao seu traballo tanto no Estado como na cidade.
martes, 10 xuñ 2014
O alcalde avanzou hoxe martes o rexeitamento unánime dos membros da Fundación Provigo a que a cidade perda o seu partido xudicial. Esta mañá, durante un encontro do Padroado, tamén decidiron encargar un informe para realizar un estudo sobre o posicionamento estratéxico de Vigo de cara a 2015.
xoves, 5 xuñ 2014
O Concello de Vigo celebra este xoves coa compañía o décimo aniversario da conexión entre Peinador e o Charles de Gaulle, o primeiro voo internacional galego e o único que actualmente opera sen ningunha achega pública. Caballero subliñou a importancia desta ruta, que conecta a Vigo con numerosos destinos internacionais.
luns, 2 xuñ 2014
Abel Caballero recibiu esta mañá a responsables da universidade de estudios internacionais de Biejing que preparan a estancia de grupos de estudantes que elixiron esta cidade para aprender o idioma. Durante o encontro, Caballero deulles a benvida á cidade e ofreceulles cooperación e apoio aos estudantes, que empezarán a chegar no mes de xullo.
mércores, 28 mai 2014
O vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que no Consello de Goberno deste organismo establecéronse as enmendas que van presentar contra a nova Lei Orgánica do Poder Xudicial. O alcalde de Vigo conseguiu o apoio da FEPM para reclamar que Vigo permaneza coas mesmas dotacións xudiciais que ata o de agora.
mércores, 28 mai 2014
O alcalde de Vigo deu conta de que o Xuzgado do Contencioso número 2 de Vigo aceptou a proposta do Goberno local de proceder a licitar un novo concurso para o estacionamento regulado en superficie. Tal e como preveía o Concello, a Xustiza di que mentres que non se resolva o concurso o servizo debe ser prestado pola empresa que o desenvolve nestes momentos. Caballero engadiu que o Concello debe informar ao Xuzgado trimestralmente dos pasos dados para a nova convocatoria que esta adxudicación foi realizada por un goberno anterior e lembrou que esta situación responde a unha decisión do Tribunal Constitucional sobre a adxudicación deste servizo, realizada por un goberno anterior.
venres, 23 mai 2014
O alcalde informou da aprobación das memorias valoradas das obras de mellora das redes de servicios e do pavimento en rúas de Alcabre, Matamá, Navia, Coruxo, Saiáns, San Roque, Sárdoma, Valadares, Cabral, Comesaña e Castrelos, por un importe total de 424.000 euros. Caballero datou para finais do verán o inicio das reformas.