xoves, 24 abr 2014
O alcalde reuniuse cos máximos responsables do Círculo de Empresarios de Galicia para valorar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, que obriga a Vigo a depender do Tribunal de Instancia de Pontevedra e a apelar no TSXG de A Coruña. As partes valoraron "negativamente" o texto e ven na carencia de partido xudicial propio un factor disuasorio na instalación de empresas na cidade.
mércores, 23 abr 2014
O recinto feiral de Vigo albergará entre o 5 e o 8 de xuño a décima edición so Salón da Construcción de Galicia 2014. Durante a presentación, que congregará a máis de 300 firmas e 15.000 visitantes, o alcalde referiuse a este evento como una mostra de que en Vigo "queremos manter o pulso e amosar gañas e ímpetu para saltar por riba da crise".
martes, 22 abr 2014
Nunha reunión co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Luis Novoa, o alcalde constatou a existencia dunha "fronte moi ampla" na cidade en defensa do partido xudicial vigués. O anteproxecto de lei do Poder Xudicial priva a Vigo da súa autonomía e obriga a desprazarse a Pontevedra e A Coruña, un "golpe á economía da cidade".
luns, 21 abr 2014
O alcalde de Vigo reiterou a vontade do goberno local de loitar contra o anteproxecto de Lei do Poder Xudicial desde o ámbito político-parlamentario e desde a sociedade civil. Así o explicou hoxe logo de constatar a unanimidade do apoio aos seus prantexamentos dos representantes de varias asociacións veciñais da cidade.
martes, 15 abr 2014
Caballero continuou este martes os contactos para pulsar a opinión da cidade sobre o anteproxecto de lei do Poder Xudicial. UGT, CCOO e CIG rexeitan o texto e o alcalde anunciou que, ao remate das entrevistas, plantearase o "mecanismo concreto" a implementar para manter a autonomía xudicial da área viguesa.
martes, 15 abr 2014
O alcalde de Vigo defendeu o futuro de Pescanova e abogou por un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo e que a sede siga a ser Vigo. Tamén se referiu á automoción, felicitándose porque a factoría de Vigo recibe un "especial" trato no conxunto de fábricas PSA-Citroën de todo o mundo.
luns, 14 abr 2014
Hoxe luns, o goberno local e a plataforma sectorial puxeron de manifesto a súa oposición ao anteproxecto de lei que privaría a Vigo da súa autonomía xudicial e acordaron celebrar unhas xornadas técnicas para trasladar a posición dos profesionais sobre a afección da lei na cidade, segundo anunciou o alcalde.
venres, 11 abr 2014
Abel Caballero continuou este venres a súa ronda de entrevistas para pulsar a opinión da cidade sobre o anteproxecto de lei, que priva a Vigo dun partido xudicial propio. A Asociación Avogados Novos de Vigo coincide coa demanda de mantemento dunha entidade xudicial propia na cidade, afirmou o alcalde.
xoves, 10 abr 2014
Abel Caballero recibiu este xoves ao embaixador de Polonia en España, Tomasz Arabski, de ronda por Galicia para potenciar a cooperación económica do seu país con Galicia e Vigo. A olívica é a urbe galega con maior presencia de polacos, máis de mil, un colectivo "proactivo e colaborador" ben integrado en Vigo, salientou o rexedor.
xoves, 10 abr 2014
O alcalde de Vigo prosegue coa rolda de contactos con distintos colectivos para buscar un frente común que permita defender o partido xudicial de Vigo. Nesta ocasión, mantivo un encontro cos procuradores, cos que constatou a formación "dun consenso tácito na cidade" para rexeitar a reforma de LOPJ que privaría a Vigo do partido xudicial.