Escoitar

Vigo mantén a peonalización de rúas os domingos e festivos e inicia este venres a ampliación aos días laborais

Abel Caballero confirmou este venres o proceso de peonalización de rúas para a súa apertura aos cidadáns en diferentes zonas da cidade tamén en días laborais. O alcalde explicou que o Concello tamén mantén a medida en domingos e festivos iniciada xa a pasada semana.

venres, 8 mai 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que a partir das 17:00 horas deste venres, 8 de maio, ata as 23:00 horas o Concello inicia unha nova quenda de peonalización de rúas en días laborais. “Hai que seguir peonalizando en días festivos e laborais, temos que utilizar o espazo da cidade para a xente porque necesitamos rúas para que as usen os cidadáns”, asegurou Caballero en rolda de prensa.

Esta medida é compatible coa decisión de peonalizar 70 rúas os domingos e festivos. Respectarase en todo caso o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Así as rúas que quedarán pechadas ao tráfico desde este venres a partir das 17:00 horas son:

  • Zona Bouzas: Johan Carballeira
  • Zona Coia: Nigrán, O Grove, Avenida Castelao (dos carrís de circulación sentido Samil entre O Grove e Tomás Paredes), Marín (entre Castelao e Vilagarcía de Arousa).
    Zona Navia: Lamelas, Pedra Seixa (entre Ufas e Lamelas), Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra seixa), Ufas.
  • Zona Torrecedeira: Marques de Valterra e Jacinto Benavente (ambas entre Instituto Oceanográfico y Juan Ramón Jimenez).
  • Zona Centro: Inés Pérez de Ceta, Pontevedra, Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
  • Zona O Castro: Marqués de Alcedo (desde Paseo dos Cedros, cara O Castro).
  • Zona Calvario: Praza Fernando Católico, Santo Domingo, Condesa Casa Barcena, Cronista Jose Espinosa.
  • Zona de Estación de autobuses: Xílgaro.
  • Zona Barreiro: Urania Mella Serrano, Margarita Bilbatúa Zulbeldia.

Ademais, en domingos e festivos, desde as 08:00 ata as 23:00 horas, as rúas que se peonalizan son:

  • Zona Bouzas: Johan Carballeira, Pescadores, Paulino Freire, Alfredo Brañas e Tomás Alonso, desde Simancas a Pescadores.
  • Zona Coia: Nigrán, O Grove, Castelao (dos carrís de circulación sentido Samil entre A Estrada e Tomás Paredes) e Marín (entre Castelao e Vilagarcía de Arousa).
  • Zona Navia: Poza do Cabalo, Lamelas, Pedra Seixa, Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra Seixa) e Ufas.
  • Zona Balaídos/Castrelos: Avenida de Balaídos, Caleira, Pablo Iglesias e Olímpicos.
  • Zona Povisa/Travesas: Regueiro (entre Barcelona e Gran Vía) e Zamora, López Mora (entre Pintor Lugrís e Camelias) e Hispanidade (entre Camelias e Pintor Colmeiro).
  • Zona Torrecedeira: Pi e Margall, Marqués de Valterra, Jacinto Benavente, Instituto Oceanográfico e Juan Ramón Jiménez.
  • Zona Centro: Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Reconquista, Marqués de Valladares, Carral, Victoria, García Olloqui, Alameda, Concepción Arenal, Montero Ríos (paso de bus urbano cara o centro por Carral, Marqués de Valladares), Colón (entre Areal e Marqués de Valadares), Areal (entre Canceleiro e Colón), Inés Pérez de Ceta, Pontevedra e Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
  • Zona Casablanca: Venezuela (entre Gran Vía e Vázquez Varela), México (entre Bolivia e Paraguay) e Ecuador.