Escoitar

Vigo inicia este venres a peonalización de rúas tamén os días laborais

Abel Caballero avanzou este xoves que o proceso de peonalización de rúas continuará este venres coa apertura aos cidadáns de diferentes zonas da cidade tamén en días laborais. O alcalde explicou que o Concello estudará o resultado desta nova medida para analizar o impacto.

xoves, 7 mai 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que a partir de mañá, 7 de maio, o Concello iniciará unha nova quedan de peonalización de rúas. Neste caso, será de 17:00 a 23:00 horas en día laborais.

“Hai que seguir peonalizando en días festivos e laborais, temos que utilizar o espazo da cidade para a xente porque necesitamos rúas peonalizadas para que usen os cidadáns”, asegurou Caballero.

Esta medida é compatible coa decisión de peonalizar 70 rúas os domingos e festivos. Respectarase en todo caso o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano. As rúas que quedarán pechadas ao tráfico este venres a partir das 17:00 horas son:

Zona Bouzas: Johan Carballeira
Zona Coia: Nigrán, O Grove, Avenida Castelao (dos carrís de circulación sentido Samil entre O Grove e Tomás Paredes), Marín (entre Castelao e Vilagarcía de Arousa).
Zona Navia: Lamelas, Pedra Seixa (entre Ufas e Lamelas), Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra seixa), Ufas.
Zona Torrecedeira: Marques de Valterra e Jacinto Benavente (ambas entre Instituto Oceanográfico y Juan Ramón Jimenez).
Zona Centro: Inés Pérez de Ceta, Pontevedra, Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
Zona O Castro: Marqués de Alcedo (desde Paseo dos Cedros, cara O Castro).
Zona Calvario: Praza Fernando Católico, Santo Domingo, Condesa Casa Barcena, Cronista Jose Espinosa.
Zona de Estación de autobuses: Xílgaro.
Zona Barreiro: Urania Mella Serrano, Margarita Bilbatúa Zulbeldia.