O goberno de Vigo estuda peonalizar rúas tamén nos días laborables
Ante o bo funcionamento da medida o pasado domingo e o venres festivo anterior, 1 de maio, Abel Caballero anunciou este luns que se estuda levar a medida aos días laborables, ben retirando todo o tráfico, ben ampliando o espazo dispoñible para os peóns. Máis de trinta rúas xa son peonís en domingos e festivos.