mércores, 9 abr 2014
O alcalde e o decano do Colexio de Avogados de Vigo mantiveron unha reunión este mércores para falar do anteproxecto de Lei do Poder Xudicial, que elimina o partido xudicial de Vigo pasando a ser sede delegada de Pontevedra. Ambos coincidiron en rexeitar o texto e esixiron que, de sair adiante a lei, Vigo sexa a referencia na provincia.
luns, 7 abr 2014
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha entrevista co presidente, José Luis Freire, e co novo director xeral de Conxemar, Gonzalo López de Aragón, para iniciar as conversas para potenciar a feira do conxelado. Caballero adiantou que "estaremos no apoio contínuo a Conxemar".
luns, 7 abr 2014
Abel Caballero constatou hoxe "o peor escenario" coa aprobación do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial aprobada o pasado venres que "relega" Vigo a ser sede despreazada e aposta por unha pauta uniprovincial con cabeceira en Pontevedra. "Este modelo é o que máis nos perxudica e non ten en conta que Vigo é a cidade máis importante no noroeste peninsular".
mércores, 2 abr 2014
Nunha reunión cos seus responsables, o alcalde trasladou a vontade municipal de cooperar na celebración dos 50 anos da Cooperativa de Armadores de Pesca en Vigo, un "evento da maior importancia" por ser esta cidade "a gran capital do mundo da pesca". "Temos que facer que esa conmemoración sexa un equivalente á World Fishing Exhibition ou a Conxemar", indicou.
martes, 1 abr 2014
No transcurso dunha conferencia, o alcalde pediulle ao presidente do Sabadell Gallego, Josep Oliu, que a entidade se envorque con "este territorio" apoiando ás empresas e traballadores de Vigo. Caballero ve "unha boa nova" que este banco dedique "unha parte notable dos seus esforzos a dar créditos" e apoiar a economía viguesa.
martes, 1 abr 2014
Abel Caballero, este martes na Estación Marítima, trasladou o "pésame e as condolencias da cidade" ás familias dos tres tripulantes falecidos no accidente do "Mar de Marín", acontecido esta madrugada na ría de Vigo. O Concello ofreceu a cooperación dos servizos municipais de emerxencia ao operativo de rescate.
xoves, 27 mar 2014
Abel Caballero deu conta dun acordo orzamentario "de gran envergadura" que permitirá, cos dos votos do PP e do PSOE, "seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e saída da crise da cidade". Indicou que hoxe mesmo deu orde de iniciar o proceso de elaboración do proxecto orzamentario que incluirá o acordo acadado co PP, e que podería aprobarse en Xunta de Goberno en 15 días.
xoves, 20 mar 2014
O máximo responsable da factoría de Balaídos de PSA Peugeot Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina, será o encargado de redactar e dar lectura ao Bando da Reconquista deste ano. Abel Caballero explicou que a elección "simboliza ao conxunto do sector da automoción" da cidade.
xoves, 20 mar 2014
O alcalde inaugurou este xoves as IV Xornadas "Vigo e o seu Futuro" a cargo da Fundación ProVigo, unha mesa de debate cos responsables do sector terceiro para visualizar o futuro da hostelería, o turismo e comercio. "Levaremos adiante o proxecto que saia dese gran debate", apuntou Caballero.
xoves, 13 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, reiterou hoxe o compromiso do goberno local de impulsar á World Fishing Exhibition, "a feira vencella da á industria pesqueira máis influinte do mundo". Silva criticou o rexeitamento do PP no Congreso dos Deputados a garantir que este importante evento económico se organice en Vigo en 2016.