O alcalde afirma que "se a pesca en Vigo faltara non saberíamos sobrevivir"

venres, 10 xan 2014

Abel Caballero destacou hoxe a importancia da pesca no emprego e na industria de Vigo durante a presentación do libro El sector pesqueiro en Vigo: evaluación do seu impacto socioeconómico, que tivo lugar esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria. Durante a súa intervención, transmitiu a súas felicitacións ao autor do estudo, Javier Touza.

O goberno local adicará os 6 millóns do superávit de 2012 a obras de humanización, deportes, zonas verdes e colexios públicos

venres, 10 xan 2014

A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran o investimento de preto de 6 millóns de euros que a Xunta Local de Goberno ven de aprobar. Esta partida é o superávit de 2012 que se pode investir "porque o Concello xestiona ben", puntualizou o alcalde.

Caballero compromete axuda a todas as persoas afectadas polas clásulas solo das hipotecas

martes, 7 xan 2014

A Oficiña Municipal de Consumo atendeu no 2013 preto dun centenar de peticións de asesoramento sobre as cláusulas solo, segundo explicou Caballero, quen esta mesma mañá mantivo un encontro con responsables de asociacións de afectados de varias localidades galegas. O alcalde garantiulles o apoio do Concello e avanzoulles a presentación dunha moción na que reclaman á Xunta implicación neste "abuso" que afecta a moitas persoas na nosa cidade.

Caballero obtén o respaldo das autoridades europeas ao criticar a nova lei de bases de réxime local

xoves, 5 dec 2013

O alcalde de Vigo constatou que as autoridades europeas comparten as súas críticas ao Proxecto de Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local porque constitúe unha "seria" vulneración da autonomía dos poderes municipais en Europa. Así o explicou hoxe, á volta dunha viaxe á capital belga na que mantivo encontros con diversas autoridades, entre elas, Martin Schulz, presidente do Parlamento Europeo.