Escoitar

O Concello distribuirá 100.000 máscaras de protección cirúrxicas nas próximas semanas

O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local ten en marcha un proceso de compra de 100.000 máscaras de protección que se repartirán nas próximas semanas entre os vigueses. De xeito inmediato, comezará a distribuír as primeiras 20.000 grazas a un adianto de unidades que fará POVISA ao Concello.

martes, 21 abr 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O reparto das primeiras 20.000 máscaras será inmediato grazas ao adianto que o centro médico POVISA lle fará ao Concello, mentres que as 80.000 restantes serán distribuídas tan pronto cheguen, nun prazo aproximado de dez días. Logo de recoñecer que o proceso de compra é difícil pola escasez deste material de protección no mercado, Caballero explicou que un intermediario permitiu ao Concello contactar cun vendedor fiable polo que confían en contar con 100.000 máscaras nas próximas semanas para repartir entre a cidadanía que sae á compra nesta situación de confinamento. O alcalde adiantou a intención do goberno local de tratar de adquirir outras 200.000 unidades e lembrou que o único envío de máscaras da Xunta de Galicia foi un lote de 15.000 unidades caducadas desde 2014.

Obras
As obras públicas seguen a retomarse na cidade e onte foi a quenda do ascensor de Juan Ramón Jiménez no que se están a realizar obras de reforzo para evitar a vibración da pasarela. A previsión é que esta instalación poida entrar en funcionamento en dous meses.

Descargar todas as imaxes