venres, 24 abr 2020
O alcalde deu conta de que esta mañá se repartiron 7.500 máscaras nos mercados municipais do Progreso, Teis, e Calvario, así como nas parroquias de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán. A distribución seguirá o sábado e o luns que vén, ata completar un primeiro lote de 20.000 máscaras, ao que seguirán outras 80.000 que o Concello está en trámites de adquirir.
venres, 24 abr 2020
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP mantén na tarde deste venres unha entrevista cos responsables das federacións autonómicas de municipios para intercambiar experiencias e preparar unha desescalada que será “asimétrica”. Abel Caballero quere crear un canal de traballo similar ao establecido entre a FEMP e o Goberno de España.
venres, 24 abr 2020
O rexedor explicou que as novas ferramentas de navegación interactiva están orientadas a persoas con alto grao de discapacidade que poderán acceder á información mediante teclado, voz, premedores adaptados ou sopridos sobre un micrófono.