O Concello inicia mañá a distribución das máscaras en mercados e parroquias
alcalde avanzou que o Concello de Vigo iniciará este venres nos mercados do Progreso, Teis e As Travesas, ademais das parroquias de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán, o reparto das primeiras 20.000 máscaras de protección de forma gratuíta.
O Concello de Vigo levará a cabo este venres o reparto das primeiras 20.000 máscaras de protección grazas ao adianto das unidades feito polo centro médico. Segundo avanzou o alcalde este xoves, comezará polos mercados do Progreso, Teis e As Travesas, ademais das parroquias de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán, onde a entrega será en tendas de pequeno comercio como panaderías ou froiterías e farmacias.
O sábado 25 de abril, será a queda dos mercados municipais do Berbés, Travesas e Bouzas, ademais das parroquias de Coruxo, Lavadores, Matamá, Sárdoma e Valadares. Xa o luns o reparto farase nas proximidades dos centros comerciais de Coia (rotonda Alfageme), Travesía de Vigo e Centro Comercial Gran Vía. As parroquias serán Alcabre, San Andrés de Comesaña, Freixeiro, San Paio de Navia, San Miguel de Oia, Saiáns, San Xoán do Monte e Zamáns.
“Irán destinadas á xente que está máis na rúa por ter que ir a comprar”, sinalou o alcalde, Abel Caballero, durante a rolda de prensa celebrada de forma telemática. Xunto ás mascaras, o Concello repartirá folletos a modo de guía que informarán de como se teñen que usar as mascaras.
Caballero xa explicou o martes que un intermediario permitiu ao Concello contactar cun vendedor fiable polo que confían en contar con 100.000 máscaras nas próximas semanas para repartir entre a cidadanía que sae á compra nesta situación de confinamento. O alcalde adiantou a intención do goberno local de tratar de adquirir outras 200.000 unidades.