Escoitar

Abel Caballero perfila co Goberno de España o desconfinamento nas cidades

O goberno de FEMP que preside o alcalde de Vigo mantén na tarde deste xoves unha reunión coa vicepresidenta Ribera e os ministros Illa e Darias. Abel Caballero proporá entrevistas continuas para coordinar un proceso de desescalada que cada cidade terá que adaptar ás súas circunstancias.

xoves, 23 abr 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

Abel Caballero referiuse na mañá deste xoves á reunión que celebrará pola tarde a xunta de goberno da FEMP que preside coa vicepresidenta Teresa Ribera e os ministros Salvador Illa e Carolina Darias, entrevista na que entidades locais e goberno central abordarán o proceso de desconfinamento.

En declaracións por videoconferencia, Abel Caballero manifestou que a vicepresidenta trasladará na reunión unha primeira información sobre o proceso de desescalada, no que os concellos xogarán un papel relevante. Coa pandemia estase a demostrar “a importancia do local”, aseverou o alcalde, quen avogou por asegurar “a mellor senda posible” para a “nova normalidade”, con hábitos e accións que determinarán os gobernos locais.

O rexedor prevé unha reunión na que se tomarán decisións “importantes”, por exemplo, sobre o ritmo de incorporación da sociedade á actividade normal, que será diferente nos territorios en función da incidencia do coronavirus. Abel Caballero avanzou que proporá ao Goberno de España a celebración de entrevistas continuas para coordinar a reapertura, as medidas que decrete o executivo presidido por Sánchez coas circunstancias particulares de cada cidade.

Descargar todas as imaxes