Escoitar

O Concello iniciará este venres a distribución das primeiras 20.000 máscaras de protección cirúrxicas xunto con guías de uso

O alcalde avanzou este mércores que o Concello de Vigo iniciará este venres o reparto de 20.000 máscaras de protección de forma gratuíta entre os vigueses. Son as primeiras entregas dun total de 100.0000 unidades que comprará o goberno local.

mércores, 22 abr 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O Concello de Vigo levará a cabo este venres o reparto das primeiras 20.000 máscaras de protección grazas ao adianto das unidades feito polo centro médico. Está previsto que o goberno local compre un total de 100.000 unidades para repartir todas de forma gratuíta entre a pobación.

“Irán destinadas á xente que está máis na rúa por ter que ir a comprar”, sinalou o alcalde, Abel Caballero, durante a rolda de prensa celebrada de forma telemática. Xunto ás mascaras, o Concello repartirá folletos a modo de guía que informarán de como se teñen que usar as mascaras.

Caballero xa explicou o martes que un intermediario permitiu ao Concello contactar cun vendedor fiable polo que confían en contar con 100.000 máscaras nas próximas semanas para repartir entre a cidadanía que sae á compra nesta situación de confinamento. O alcalde adiantou a intención do goberno local de tratar de adquirir outras 200.000 unidades.

Descargar todas as imaxes