Escoitar

O goberno da FEMP que preside Abel Caballero reúnese este xoves con tres ministros para planificar a desescalada

Abel Caballero informou este martes de que o vindeiro xoves manterá unha vídeo conferencia de traballo cos ministros de Sanidade, Transición Ecológica e Política Territorial para estudar a desescalada da pandemia do Covid-19 en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

martes, 21 abr 2020

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, informou este martes de que o vindeiro xoves, ás 16:00 horas, celebrarase unha xuntanza por vídeo conferencia con tres ministros do Goberno central para planificar a desescalada e a reconstrución social e económica do país.

Segundo explicou Caballero, o goberno da FEMP estará presente no encontro con Teresa Ribera, ministra de Transición Ecológica; Salvador Illa, ministro de Sanidad, e Carolina Darias, ministra de Política Territorial.

“Agradezo a convocatoria e recoñezo a consideración do Goberno central para manter a reunión”, sinalou o rexedor vigués tras lembrar que este luns o propio presidente, Pedro Sánchez, mantivo unha xuntanza coa FEMP. En dito encontro acordouse a celebración desta nova reunión para perfilar a desescalada na que os municipios, deputacións e cabildos terán unha labor “central”.