Os gobernos locais xogarán un papel central na desescalada e reconstrucción social e económica
No encontro con Pedro Sánchez acordouse a celebración dunha reunión da FEMP co Xefe do Executivo cada quince días e encontros cos titulares de Sanidade e Transición Ecolóxica para perfilar a desescalada. A FEMP pide que superávit e remanentes se utilicen en cada territorio para afrontar ambos os procesos. Caballero reiterou a colaboración das cidades durante a crise e reivindicou a condición de Estado dos Gobernos Locais: “Estamos e formamos parte do Estado e queremos contribuír ao conxunto do Estado. Unidos na lealdade”