Escoitar

A Biblioteca Neira Vilas e o MARCO celebran o Día do Libro con adiviñas e contacontos virtuais

Amais, con motivo do Día do Libro, o Concello, a asociación Vigo Gastronómico e a Editorial Galaxia colaboran na entrega de 500 exemplares de “A Batalla de Rande” coas comidas que se levan aos domicilios.

xoves, 23 abr 2020

Abel Caballero referiuse neste 23 de abril ao libro como “o vehículo da nosa cultura, do noso pensamento e da forma de entender a sociedade” antes de compartir en rolda de prensa un fragmento da súa novela “La Elipse Templaria”.

O alcalde informou das actividades virtuais coas que o Concello conmemora o Día do Libro, comezando pola Biblioteca Municipal Neira Vilas que propón un xogo nas súas redes sociais: adiviñar o título de libros galegos escritos con emoticonos. Amais, o persoal da biblioteca realizou un vídeo de textos lidos que está dispoñible na web municipal Confinarte con Cultura.

O MARCO celebrou o día do Libro cunha sesión de contacontos online a través de su páxina web e das súas redes sociales e ofrecendo un avance da súa publicación Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, resultado da exposición que leva o mesmo nome producida polo museo. Ademais o museo pon en marcha unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

Caballero lembrou tamén que está en marcha a iniciativa “Comercultura” que hoxe reparte na cidade, xunto coas comidas que o Concello leva a domicilio, 500 exemplares de “A Batalla de Rande”, con mapas e gravados de Román Pereiro, publicado pola Editorial Galaxia. O proxecto nace da colaboración entre a Asociación Vigo Gastronómico, a Editorial Galaxia e o Concello.