Escoitar

O Concello deu de alta 800 novas tarxetas de alimentos desde o inicio da crise sanitaria

Desde o comezo do estado de alarma, o goberno local deu de alta 800 novas tarxetas de alimentación que se suman ás que xa viña outorgando o Concello. Ademais e seguindo cos servizos sociais, o alcalde tamén avanzou que, se Galicia pasa á fase 2 da desescalada, o luns 25 de maio reabrirán as súas portas os centros municipais de servizos sociais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Praza do Rei, que atenderá tamén aos usuarios do Casco Vello.

venres, 22 mai 2020

O alcalde anunciou esta mañá que o Concello entregau 800 tarxetas de alimentación máis no que vai de crise sanitaria. Estas achegas súmanse ás 8.050 axudas de emerxencia que se veñen entregando neste mesmo período, 38 no día de onte, por un valor de 10.570 euros. Así mesmo, a cifra de menús entregados no día de hoxe será de 581 o que eleva o total a 33.775. Respecto das persoas sen fogar, a pasada noite foron 112 os aloxados (36, no pavillón do Berbés; 24 no albergue municipal; 30 na Fundación Santa Cruz e 22, en hostais e hoteis).

Seguindo co reforzo da atención aos colectivos máis vulnerables, o Concello prevé reabrir o luns 25 de maio os Centros municipais de atención social, sempre que Galicia pase á segunda fase da desescalada (do 25 de maio ao 7 de xuño). O horario de apertura será de 08,00 a 15 horas, con dous días de atención presencial -con cita previa- que se solicitará a través dos teléfonos dos respectivos centros ou a través do 98681026. Neste período excepcional e dado o incremento de demanda, atenderase cada 15 minutos entre ás 08,30 e ás 14,000 h (o horario habitual é de 09,00 a 12,00 h) nos centros de Coia, Rivera Atienza, Teis e Praza do Rei (que asume aos usuarios do Casco Vello dado que o edificio que ocupaba está en obras).

Denuncias
O rexedor deu conta da imposición de 8 sancións por parte da Policía Local por saltarse o estado de alarma no día de onte, das que ningunha corresponde cunha terraza. Entre as infractores atopábanse un grupo de mozos facendo unha festa na rúa ou dúas persoas compartindo coche sen formar parte do mesmo núcleo familiar, segundo exemplificou o rexedor.