Escoitar

O Concello de Vigo ten en marcha ou en licitación obras por valor de 58 millóns

Abel Caballero informou de que o goberno local ten agora mesmo en marcho ou en licitación obras por valor dun total de 58 millóns de euros. Entre as actuacións están a reforma da Porta do Sol e da Gran Vía, ademais do túnel da rúa Lepanto para a nova Estación de Thom Mayne.

venres, 18 set 2020
o alcalde, en rolda de prensa.
o alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres das obras que o Concello ten en marcha ou en proceso de licitación na actualidade. Desta forma o rexedor explicou en rolda de prensa que o valor das actuacións é de 58 millóns de euros, cifra á que se engade outros 18,5 millóns anunciados onte e procedentes do superávit para unha trintena de proxectos.

Dentro das obras que xa están en marcha o alcalde destacou a reforma da Porta do Sol (16,9 millóns de euros), a grada de Marcador (16,6 millóns), o túnel da rúa Lepanto para a estación (11,28 millóns) e Gran Vía (desde María Berdiales a Venezuela), por valor de outros 5,1 millóns.

Tamén figuran partidas como o Pavillón de Quirós (3,2 millóns de euros), a primeira fase da Estrada Beade-Valadares (3,3 millóns), a mellora da maquinaria de climatización no Concello (490.285 euros), a reforma de Jacinto Benavente (305.057 euros), rúa Filipinas (121.046 euros), espazos contiguos da Estación de Urzaiz (1,2 millóns de euros), acondicionamento da grada Tribuna para a Federación de Peñas (48.000 euros), campo de fútbol de A Guía (341.943 euros) e campo de fútbol de Fragoselo (212.000 euros).

Descargar todas as imaxes