xoves, 17 set 2020
O goberno local fomenta o deporte na cidade con 2,1 millóns aos que hai que engadir a subvención de gran parte do custo do uso das instalacións municipais. Esta mañá, a Xunta de Goberno deu luz verde ás axudas para deportistas de alto nivel cunha partida económica de 50.000 euros.
xoves, 17 set 2020
No acto de apertura da exposición de Manuel Vilariño no MARCO de Vigo, Abel Caballero quixo sumarse este xoves á demanda do sector en España e defendeu que “a pandemia debe ser argumento para potenciar aínda máis a cultura” e tendeu a man para atopar “un espazo de desafogo, para que a pandemia non sexa unha lousa que sepulte a capacidade creativa” dos artistas.
xoves, 17 set 2020
Abel Caballero explicou esta mañá que a licitación do proxecto da praza da Estación de Urzáiz está só pendente dun informe de Patrimonio da Xunta Unha autorización que a unanimidade da Comisión Técnica de Seguimento do convenio -reunida onte - reclama nun prazo máximo de 5 días.
xoves, 17 set 2020
O alcalde anunciou este xoves a celebración da gala de entrega da Medalla da Cidade e dos galardóns Viguesas e Vigueses Distinguidos 2020 o sábado 3 de outubro, logo do adiamento provocado pola pandemia da Covid-19.
xoves, 17 set 2020
O alcalde avanzou que mañá venres, 18 de setembro, o goberno municipal realizará unha visita respectuosa á duna de Samil e persoas do programa de voluntariado medioambiental traballarán na eliminación de plantas invasoras nos areais.