O goberno de Vigo ultima obras no rural por máis de 10 millóns
Abel Caballero achegouse este martes á rúa Abade Juan de Bastos, en Matamá, logo da reforma feita na vía cun orzamento superior aos 200.000 euros. O alcalde explicou que o Concello ten en execución ou licitación actuacións no rural por 10,2 millóns, incluída a mellora de medio centenar de rúas.