O Concello iniciou a exposición do Borrador do PXOM aos colectivos cidadáns
A Xerencia de Urbanismo iniciou este luns as xuntanzas con colectivos cidadáns para presentarlles o borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O alcalde apuntou que a primeira reunión foi con Lavadores e houbo: “Foi moi instrutiva e construtiva, de moito interese”.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o departamento de Urbanismo do Concello xa iniciou este luns a rolda de xuntanzas cos colectivos cidadáns para presentarlles o Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e recibir suxestións que se poidan incorporar ao documento.
Caballero apunto que a primeira xunta foi con colectivos de Lavadores e Pardavila. “Foi moi instrutiva e construtiva, de moito interese”, sinalo o rexedor antes de lembrar que a cita fixada para este martes en Cabral foi aprazada por encontrarse a parroquia en festas.
Actualmente a tramitación do plan xa está en mans da Xunta de Galicia para a súa Avaliación Estratéxica Ambiental e que o goberno local procederá agora a levar o Borrrador á veciñanza.
As reunións cos veciños prolongaranse ata mediados de outubro. Todas as xuntanzas levaranse a cabo no auditorio do Verbum, en Samil, con protocolo “anticovid”, polo que estará limitada o número de representantes dos colectivos que serán citados.
A Consellería de Medio Ambiente xa iniciou a tramitación dá Avaliación Estratéxica Ambiental e agora os documentos estarán na súa web durante un prazo de 2 meses para o trámite de consultas con entidades, institucións e cidadáns que desexen presentar achegas sobre este documento ambiental. Con toda esta información, a Consellería ten un máximo de dous meses para elaborar o documento de alcance do Estudo Ambiental Estratéxico e posteriormente o O Concello procederá á aprobación inicial que someterá os informes sectoriais a competencia do Estado.
Calendario de reunións cos colectivos no auditorio do Verbum en Samil (de 18:30 a 21:00 horas):
Mércores, 16: Saiáns e Oia.
Xoves, 17: Valadares
Luns, 21: Candeán, Sampaio e San Xoán.
Martes, 22: Castrelos e Sárdoma.
Mércores, 23: Teis.
Xoves, 24: Bembrive.
Luns, 28: Beade.
Martes, 29: Zamáns.
Mércores, 30: Comesaña e Matamá.
Xoves, 1 de outubro: Coruxo.
Luns, 5: Navia.
Martes, 6: Alcabre, Bouzas e San Gregorio.
Mércores, 7: Florida, A Miñoca e Balaídos.
Xoves, 8: Torrecedeira, Camelias, Pi e Margall, Marqués de Valterra e Jacinto Benavente.
Martes, 13: Centro e Casco Vello.
Mércores, 14: Calvario, San Roque e Travesía de Vigo.
Xoves, 15: Coia (San Martiño e Cristo da Vitoria).