Escoitar

Abel Caballero, Salvador Illa e Carolina Darias presiden este mércores unha reunión de traballo na sede da FEMP

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP participará na cita xunto ao ministro de Sanidade e á súa homóloga de Política Territorial, un encontro de traballo relativo ás actuacións a levar adiante polas entidades locais na evolución da pandemia.

martes, 15 set 2020
Abel Caballero adiantou este martes en rolda de prensa a celebración do encontro
Abel Caballero adiantou este martes en rolda de prensa a celebración do encontro

O alcalde de Vigo e presidente de la FEMP, Abel Caballero, a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, presiden este mércores na sede da FEMP en Madrid un encontro de traballo relativo a actuacións a desenvolver polas entidades locais na evolución da pandemia COVID-19. Será a primeira das reunións que o executivo central e a representación dos gobernos locais celebrarán con esta finalidade, avanzando así nunha iña de colaboración entre estas administracións no actual momento sanitario.

Descargar todas as imaxes