O goberno de Vigo urxe á Xunta o informe pendente para licitar as obras da praza da Estación
Abel Caballero explicou esta mañá que a licitación do proxecto da praza da Estación de Urzáiz está só pendente dun informe de Patrimonio da Xunta Unha autorización que a unanimidade da Comisión Técnica de Seguimento do convenio -reunida onte - reclama nun prazo máximo de 5 días.
O goberno local remitiu unha carta a Patrimonio da Xunta (Consellería de Cultura) urxindo o informe preceptivo para poder a acometer á obra da praza da nova estación de Urzáiz, un proxecto vital para poder abrir os accesos nin o centro Vialia. A licitación está só pendente desa autorización, que xa foi solicitada hai catro meses polo que se cumpriu o prazo administrativo de resposta.
Tal e como explicou o rexedor, a Comisión Técnica de Seguimento do convenio para a execución dos accesos acordou por unanimidade reiterar esta petición na reunión que mantiveron onte. Dada a urxencia das obras, na misiva advírtese da necesidade de recibir ese informe nun prazo máximo de cinco días. En caso contrario, o Concello -como administración encargada da execución do proxecto – procederá á licitación das obras, entendendo que se aplica o silencio administrativo.
Esta actuación, lembrou o rexedor, enmárcase no convenio de colaboración entre Xunta, Concello e Adif para a execución dos accesos e nova vialidade urbana no contorno da nova estación. Esta obra ten un orzamento de 1,7 millóns financiados maioritariamente por Adif