Escoitar

Os Amigos da Ópera e o Concello abren o “Outono Lírico 2020” coa gala “Operac(c)ión Retorno”

O Teatro Afundación acollerá o vindeiro domingo (20:30 horas), 20 de setembro, a gala “Operac(c)ión Retorno”, primeira actuación do “Outono Lírico 2020” que organizan a asociación Amigos da Ópera de Vigo e o Concello. O alcalde destacou este venres a calidade da programación.

venres, 18 set 2020
Losada, Caballero e Diz.
Losada, Caballero e Diz.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero; Daniel Diz, director artístico da asociación Amigos da Ópera de Vigo; e Abel Losada, concelleiro de Cultura, participaron este venres na rolda de prensa para presentar o “Outono Lírico 2020” cunha programación retocada pola pandemia do Covid-19.

“O Outono Lírico ten unha larga traxectoria e unha grande experiencia, quero transmitir o noso recoñecemento porque a vosa presenza na cidade é dunha grande importancia e cando isto pase teremos que sentarnos para estimular máis as actividades”, sinalou Caballero durante a súa intervención.

O director artística de Amigos da Ópera de Vigo sinalou que a programación que estaba prevista foi modificada e ofrece outra alternativa, xa que neste ano complicado para a cultura, queren continuar coa gran repercusión que teñen os “Outonos Líricos” de Vigo a nivel nacional e internacional e, á vez, apoiar ao mundo lírico dentro do sector cultural.

Así, este domingo, 20 de setembro, comeza o festival coa Gala “Opera(c)ción Retorno” no Teatro Afundación (20:30 horas). “Grazas á colaboración do Concello porque sería imposible sen o seu apoio”, sinalou Daniel Diz.

Ademais, están programadas outras dúas galas: “As Nosas Voces”, o 18 de outubro; “Regreso a la pasión”, 1 de novembro. Tamén cinco actos complementarios: tres proxeccións de óperas e a presentación de 2 libros.

O “Outono Lírico 2020” contará con grandes nomes da lírica internacional, grandes voces que están presentes nos grandes teatros do mundo e que estarán este Outono en Vigo, con protagonistas das máis importantes temporadas líricas mundiais como Ismael Jordi, Aquiles Machado, Ruth Iniesta, Marina Comparato, Luis Cansino.

Descargar todas as imaxes