mércores, 4 feb 2026
Abel Caballero reiterou este mércores aos directivos de Vigo e de Pontevedra da "Asociación Española contra o Cancro" o apoio municipal. "Contade con nós no que necesitedes", afirmou durante a súa visita ás instalacións da rúa Venezuela con motivo da celebración do “Día Mundial contra o Cancro”.
mércores, 4 feb 2026
O alcalde avanzou este mércores que propoñerá para os galardoados deste ano as dúas entidades sociais e ao ex director de Cáritas Vigo polo labor desenvolvido ao longo da súa traxectoria.
martes, 3 feb 2026
O alcalde avanzou o nomeamento dos dous centros educativos de Coia que verán recoñecida a súa traxectoria con esta distinción que o Concello concede no marco da celebración da Reconquista.
martes, 3 feb 2026
O rexedor vigués mantivo un encontro este martes con Pablo Delclaux, secretario da Subcomisión Episcopal para o Patrimonio Cultural na Conferencia Episcopal Española, que estivo acompañado de Santiago Vega, párroco da Igrexa de Nosa Señora do Rocío e delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacro da Diocese de Tui-Vigo. Ao longo da reunión, expuxeron que a cidade de Vigo acollerá no mes de xuño unhas xornadas na que tratan o patrimonio cultural da Igrexa en detalle. Caballero aproveitou para trasladarlle a colaboración municipal, mediante o convenio vixente, na conservación do patrimonio cultural, con restauración de edificios e igrexas, "porque queremos que o patrimonio da Igrexa, que é patrimonio cultural da cidade de Vigo, estea en bo estado de conservación". Como exemplo, o alcalde explicou que "dentro duns días iremos a Candeán porque fixemos alí unha rehabilitación espléndida de todo o atrio da igrexa e imos rehabilitar a parte interior".
luns, 2 feb 2026
A Casa das Mulleres de Vigo inicia mañá as actividades organizadas polo Concello para o primeiro semestre de 2026.
luns, 2 feb 2026
Os alcaldes de Vigo e Celaya, Abel Caballero e Juan Miguel Ramírez Sánchez, reforzan por vía telemática o irmandamento acordado hai doce anos, así como as relacións económicas, culturais e persoais entre as cidades galega e mexicana.
venres, 30 xan 2026
O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, o presidente de Zona Franca e alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Consorcio, David Regades, e a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, presidiron este venres a colocación da primeira pedra da planta de fabricación de semiconductores fotónicos do proxecto Sparc, no Parque Tecnolóxico de Valadares, que xerará 750 empregos.
mércores, 28 xan 2026
Abel Caballero lamentou este martes o “empeoramento” da xa deteriorada atención sanitaria que presta o Sergas en Vigo pola apertura do novo centro de saúde Olimpia Valencia, que supoñerá o peche dos ambulatorios de López Mora e Nicolás Peña e o traslado de pediatras e médicos de Primaria de Pintor Colmeiro, rúa Cuba, Beiramar e Coia, sen respectar o requisito da proximidade á residencia dos usuarios.
mércores, 28 xan 2026
A construción da nova Bancada de Gol sumou hoxe un novo fito coa instalación do primeiro forxado do chan da primeira planta na zona próxima a Río, que se realiza en paralelo á instalación de pilotes na área próxima a Tribuna, segundo remarcou o alcalde.
mércores, 28 xan 2026
Zona Franca será a encargada de levar adiante as obras do aparcadoiro cun investimento de máis de 12 millóns de euros.