O Goberno municipal reparará o muro do CEIP Emilia Pardo Bazán
O alcalde avanzou este luns a adxudicación das obras do centro educativo por un importe de 16.000 euros.
Abel Caballero explicou que á intervención de mellora no muro do colexio Emilia Pardo Bazán súmanse as obras aprobadas para este verán no CEIP Igrexa Valadares, por 201.000 euros; no CEIP Valle-Inclán por 179.000 euros; na EEI Villa Laura por 107.000 e no CEIP Mestres Goldar por 141.000 euros.
“Isto significa que fixemos reparacións de muros e melloras nestes centros por valor de 643.791 euros. Apoio ao ensino e á seguridade nos colexios”, destacou o alcalde.